Somos unha granxa familiar localizada na parroquia de Santiago de Albá, Comarca da Ulloa, no corazón da Galiza.
Naturalmente pasamos dunha produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico, para a concepción dunha experiencia holística, que significase o noso amor á terra.
Así recuperamos un conxunto de antigas casas rurais, para poder recibir persoas e dar a coñecer o noso modo de vida.
Nun lugar especial que ofrece benestar, respectando o medio-ambiente, promovemos un medio rural e agrario sustentábel, desde un punto de vista ecolóxico, económico esocial.
Mostrando todos os 3 resultados