ANO 2025

Orden ETD/734/2022, de 26 de julio, por la que se modifica la Orden ETD/1498/2021, de 29 de diciembre, por la que se aprueban las bases reguladoras de la concesión de ayudas para la digitalización de pequeñas empresas, microempresas y personas en situación de autoempleo, en el marco de la Agenda España Digital 2025, el Plan de Digitalización PYMEs 2021-2025 y el Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España -Financiado por la Unión Europea- Next Generation EU (Programa Kit Digital)

Esta axuda cubre investimentos na Cooperativa por un importe de 3.000,00 €, mediante dous recursos, a categoría POSTO DE TRABALLO SEGURO e a de XESTIÓN DE PROCESOS, ofertadas polo Axente Dixitalizador Adherido con nº 2022/C032/00054571 dentro do PROGRAMA KIT DIGITAL.

(Nestes momentos está en curso de execución)

Esta actuación está financiada pola Unión Europea-Next Generation EU

ANO 2024

CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS A APOIAR ÁS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, aprobada pola Xunta de Goberno local do 26 de agosto de 2024, publicitada na BDNS (Identificador: 782424) e publicado extracto das mesmas no BOP da Coruña de 30 de agosto de 2024.

Esta axuda cubriu gasto corrente da Cooperativa.

A suma total do gasto subvencionable (sen ive) xustificado ascendeu a 22.345,51 €, xustificando suficientemente os 6.250,00 € de gasto total máximo financiable, que comportaron unha axuda concedida de 4.000,00 €.

ANO 2023

Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia “Bono consolida economía social” e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG num. 102 do 31.05.2023).

Esta axuda cubriu investimentos da Cooperativa.

Unha mellor na web, mediante un novo módulo que permitise a obtención dun informe personalizado para xestión contable-fiscal dos pedidos das persoas socias.

O segundo aspecto que se abordou, foi o cambio a tecnoloxía LED de todas as luminarias do local onde a Cooperativa desenvolve a súa actividade

Un terceiro e último investimento, tiña que ver coa mellora da carga e desgarga dos produtos no local mediante a reconfiguración e cambio da porta.

O importe de axuda concedido ascende a 5.765,78 €, equivalente ao 90% do orzamento de investimento asociado.

Operación subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

ANO 2022

CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS A APOIAR ÁS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, aprobada pola Xunta de Goberno local do 11 de outubro de 2022, publicitada na BDNS (Identificador: 653309) e publicado extracto das mesmas no BOP da Coruña de 18 de outubro de 2022.

Esta axuda cubriu gasto corrente da Cooperativa.

A suma total do gasto subvencionable (sen ive) xustificado ascende a 14.015,62 €, xustificando suficientemente os 6.250,00 € de gasto total máximo financiable, que comportaron unha axuda concedida de 5.000,00 €.

ANO 2021

Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia “Bono consolida economía social” e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (DOG num. 158 do 18.08.2021).

Esta axuda cubriu investimentos da Cooperativa.

Procedeuse á compra e instalación dun arcón conxelador, EDESA EZH4111, coas características técnicas axeitadas (cualificación enerxética A)

O importe de axuda concedido para a anualidade 2021 ascende a 397,60 €, equivalente ao 80% do orzamento de investimento asociado.

No ano 2022 procedeuse a desenvolver os traballos de elaboración dunha nova web e tenda web.

O importe de axuda concedido para a anualidade 2022 ascendeu a 2.480,00 €, equivalente ao 80% do orzamento de investimento asociado.

Operación subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal