Asemblea xeral ordinaria 2023

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 12 de xuño de 2023 convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o 29 de xuño xoves, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio local sito na Rúa Xosé Chao Rego nº 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2.- Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais e do lnforme de Xestión correspondentes ó exercicio 2022.

3.- Cese parcial do Consello Reitor actual (*1)

4.- Elección parcial do novo Consello Reitor. (*2)

5.- Rogos e preguntas.

Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópase a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea.

As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e achegando fotocopia lexible do D.N.I. da persoa representada.

 

(*1). Cesan nos seus cargos o Presidente, Vicepresidente, Secretario e unha vogal.

(*2). Elíxense 4 persoas para o Consello Reitor e os cargos de Presidente e Vicepresidente de entre as sete persoas membro do Consello Reitor que haberá logo de elixir esas 4.

Ao remate da asemblea faremos o encontros social antes das vacacións de verán

Ler máis

Asemblea Xeral Extraordinaria

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou convocar ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que se celebrará o 20 de decembro de 2022, martes, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio local sito na Rúa Xosé Chao Rego nº 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2.- Orzamento para 2023 e establecemento da cota anual 2023.

3.- Débedas de socios e socias coa Cooperativa e medidas a adoptar

4.- Rogos e preguntas.

Rematada a Asemblea (previsiblemente ás 21:00h), e como se viña facendo antes da pandemia, farase un pequeno encontro social, para tomarmos uns petiscos (que cada quen traia algo feito) e algo de beber para despedir este ano 2022

Ler máis

Nova tenda web

Vimos de abrir a tenda web para o pedido de Outubro.

Como xa podedes ver, temos operativa a nova páxina web, cun formato visual máis nítido e funcional, e unha tenda web renovada.

A base tecnolóxica sobre a que tiñamos a anterior xa estaba algo obsoleta, sen posibilidade de actualización, o que nos levou o ano pasado a buscar recursos para cambiala. Ademais, facíase necesario actualizar tecnicamente todo o que ten que ver coa lexislación de comercio electrónico e darlle máis seguridade á web.

Conseguimos unha axuda da Rede Eusumo, que financiou o 80% do custo de actualizar tanto a web como a tenda web. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Buscouse reducir e facer más fácil o proceso de compra, tanto na navegación para a selección dos produtos a mercar, como no proceso de validación e envío do pedido.

Haberá aínda detalles por mellorar e corrixir. Agradecemos que nos trasladades as vosas opinións e suxestións (enviando correo a info@sconsumo.com) que vexades oportunas e agardamos saibades desculpar os erros ou as posibles incomodidades que a nova operativa vos teña ao principio.

 

Ler máis