Pedidos último cuatrimestre de 2024

Eis o calendario de pedidos para o último cuatrimestre de 2024

LANZAMENTO ENTREGA
Data inicio Data peche Data de entrega
27/08/24 03/09/24 19 de setembro
23/09/24 01/10/24 17 de outubro
28/10/24 05/11/24 21 de novembro
25/11/24 03/12/24 19 de decembro

 

 

Este calendario podería ter algún cambio non previsto, que se comunicaría tanto nesta web como por correo electrónico

 

No seguinte enlace tendes o calendario específico dos produtos que se ofrecerán cada mes, que ao igual co anterior, pode sufrir algunha variación por imprevistos ou outras circunstancias, das que avisaremos nesta mesma web

Ler máis

Pedidos segundo trimestre de 2024

Eis o calendario de pedidos para o segundo trimestre de 2024

LANZAMENTO ENTREGA
Data inicio Data peche Data de entrega
25/03/24 02/04/24 18 de abril
29/04/24 07/05/24 23 de maio
27/05/23 04/06/23 20 de xuño

 

 

Este calendario podería ter algún cambio non previsto, que se comunicaría tanto nesta web como por correo electrónico

Ler máis

Asemblea xeral extraordinaria 2023

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 27 de novembro de 2023 convocar ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que se celebrará o 19 de decembro de 2022, martes, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio local sito na Rúa Xosé Chao Rego nº 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2.- Orzamento para 2024 e establecemento da cota anual 2024.

3.- Cese e elección de cargos no Consello Reitor (*)

4.- Débedas de socios e socias coa Cooperativa e medidas a adoptar

5.- Rogos e preguntas.

 

Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópase a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea.

As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e achegando fotocopia lexible do D.N.I. da persoa representada.

 

(*). Cesan nos seus cargos dúas vogais e elíxense dúas persoas para eses cargos

Rematada a Asemblea (previsiblemente ás 21:00h), e como se viña facendo antes da pandemia, faremos un pequeno encontro social, para tomarmos uns petiscos (que cada quen traia algo feito) e algo de beber para despedir este ano 2023

Ler máis