Nova tenda web

Vimos de abrir a tenda web para o pedido de Outubro.

Como xa podedes ver, temos operativa a nova páxina web, cun formato visual máis nítido e funcional, e unha tenda web renovada.

A base tecnolóxica sobre a que tiñamos a anterior xa estaba algo obsoleta, sen posibilidade de actualización, o que nos levou o ano pasado a buscar recursos para cambiala. Ademais, facíase necesario actualizar tecnicamente todo o que ten que ver coa lexislación de comercio electrónico e darlle máis seguridade á web.

Conseguimos unha axuda da Rede Eusumo, que financiou o 80% do custo de actualizar tanto a web como a tenda web. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Buscouse reducir e facer más fácil o proceso de compra, tanto na navegación para a selección dos produtos a mercar, como no proceso de validación e envío do pedido.

Haberá aínda detalles por mellorar e corrixir. Agradecemos que nos trasladades as vosas opinións e suxestións (enviando correo a info@sconsumo.com) que vexades oportunas e agardamos saibades desculpar os erros ou as posibles incomodidades que a nova operativa vos teña ao principio.

 

Ler máis