Pedidos

Consulta aquí a información sobre prazos de apertura e recollida dos pedidos.

Pedidos segundo trimestre 2023

Eis o calendario de pedidos para o segundo trimestre de 2023

LANZAMENTO ENTREGA
Data inicio Data peche Data de entrega
20/03/23 28/03/23 13 de abril
21/04/23 02/05/23 11 de maio
22/05/23 30/05/23 15 de xuño
Ler máis

Pedidos primeiro trimestre 2023

Eis o calendario de pedidos para o primeiro trimestre de 2023

LANZAMENTO ENTREGA
Data inicio Data peche Datas de entrega
02/01/23 10/01/23 19 e 20 de xaneiro
23/01/23 31/01/23 16 e 17 de febreiro
20/02/23 28/02/23 16 e 17 de marzo
Ler máis

Novas

Neste espazo puliicaremos novas e actividades da cooperativa.

Asemblea Xeral Extraordinaria

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou convocar ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que se celebrará o 20 de decembro de 2022, martes, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio local sito na Rúa Xosé Chao Rego nº 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2.- Orzamento para 2023 e establecemento da cota anual 2023.

3.- Débedas de socios e socias coa Cooperativa e medidas a adoptar

4.- Rogos e preguntas.

Rematada a Asemblea (previsiblemente ás 21:00h), e como se viña facendo antes da pandemia, farase un pequeno encontro social, para tomarmos uns petiscos (que cada quen traia algo feito) e algo de beber para despedir este ano 2022

Ler máis

Nova tenda web

Vimos de abrir a tenda web para o pedido de Outubro.

Como xa podedes ver, temos operativa a nova páxina web, cun formato visual máis nítido e funcional, e unha tenda web renovada.

A base tecnolóxica sobre a que tiñamos a anterior xa estaba algo obsoleta, sen posibilidade de actualización, o que nos levou o ano pasado a buscar recursos para cambiala. Ademais, facíase necesario actualizar tecnicamente todo o que ten que ver coa lexislación de comercio electrónico e darlle máis seguridade á web.

Conseguimos unha axuda da Rede Eusumo, que financiou o 80% do custo de actualizar tanto a web como a tenda web. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Buscouse reducir e facer más fácil o proceso de compra, tanto na navegación para a selección dos produtos a mercar, como no proceso de validación e envío do pedido.

Haberá aínda detalles por mellorar e corrixir. Agradecemos que nos trasladades as vosas opinións e suxestións (enviando correo a info@sconsumo.com) que vexades oportunas e agardamos saibades desculpar os erros ou as posibles incomodidades que a nova operativa vos teña ao principio.

 

Ler máis

Segundo trimestre 2022

Eis o calendario de apertura e peche de pedidos, así como dos días de entrega dos mesmos, correspondente ao segundo trimestre de 2022

LANZAMENTO ENTREGA
Data inicio Data peche Datas de entrega
27/03/22 05/04/22 21 e 22 de abril
25/04/22 03/05/22 19 e 20 de maio
23/05/22 31/05/22 16 e 17 de xuño
Ler máis

Primeiro trimestre 2022

Eis o calendario de apertura e peche de pedidos, así como dos días de entrega dos mesmos, correspondente ao primeiro trimestre de 2022 

 

LANZAMENTO ENTREGA
Data inicio Data peche Datas de entrega
27/03/21 05/04/22 21 e 22 de abril
25/04/22 03/05/22 19 e 20 de maio
23/05/22 31/05/22 16 e 17 de xuño

 

Ler máis

Servizos que Ofrecemos

Tenda Web

Abrimos a tenda cada mes para que fagas o teu pedido.
Contamos con produtos de calidade e proximidade

Local Social

Temos un amplio local a disposición de todas as socias e socios. Podedes solicitalo para aquelo que o precisedes.

Queres facerte socia?

– Esperámoste –