Recollida pedido mes de FEBREIRO
Recollida do pedido os días mércores 13 (de 18 a 21h) e venres 15 (de 16 a 17h) de febreiro
Xa temos dispoñibles para a súa recollida nos días sinalados, os seguintes produtos:
Conservas a Rosaleira
Cafés e chocolates Espanica
Arqueixal
Embutidos Francisco Otero
Galletas Mariñeiras Da Veiga
Clesa (actualizado 13/02/2019 ás 9:17h)
Bama (actualizado 13/02/2019 ás 10:50h)
Estrella Galicia (actualizado 13/02/2019 ás 10:58h)
Mondariz (actualizado 13/02/2019 ás 10:58h)
Feiraco (actualizado 13/02/2019 ás 11:14h)
Difersa (actualizado 13/02/2019 ás 12:15h)
Panadería San Francisco (actualizado 13/02/2019 ás 12:15h)
Moure (actualizado 13/02/2019 ás 13:05h)
Lino (actualizado 13/02/2019 ás 13:16h)
Cas Leiras, San Simón da Costa (actualizado 13/02/2019 ás 17:56h)
Casa Grande de Xanceda (actualizado 13/02/2019 ás 18:16h)
Campo Capela, por problemas técnicos deles, acabará servindo o pedido o vindeiro martes (xa avisamos directamente ás persoas socias afectadas).
Lembrarvos tamén que temos en estocaxe algunhas das referencias de pasta, arroces e legumes.
Se podedes, pasade nos días e horas indicadas (canto antes mellor) para ir librando espazo no propio local e recollendo o produto de neveira e fresco
Nesta mesma web iremos actualizando (indicado en negrita) os produtos xa dispoñibles segundo vaian chegando.
Pedido mes de Febreiro 2019
Eis as datas para o pedido do mes de FEBREIRO
|
INICIO |
FIN |
FEBREIRO |
22 de febreiro (martes) |
29 de febreiro ás 14:00 h (martes) |
O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días mércores 13 de febreiro (de 18:00 h a 21:00 h) e o venres 15 de febreiro (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.
Alén dos produtos abertos para pedido na tenda web, na Cooperativa temos en estocaxe varias referencias de pasta, galletas mariñeiras, arroz e legumes.
O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.
Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coas que conviva).
De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:
1.Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.
2.Preme sobre a cesta.
3.Cubrir o teu nome de usuario e clave.
4.Via facendo escolla de cada produto, indicando o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.
5.Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido FEBREIRO+ nome e apelidos da persoa socia.
6.Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu correo electrónico, o mesmo co correo da Cooperativa. Se non o recibes, comproba que teñas completado todo o proceso de compra na web.