Novas

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 01-12-2016

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 25 de outubro de 2016, convocar ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que se celebrará o 01 de decembro de 2016 , xoves, ás 20.00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio social sito na Rúa Xosé Chao Rego no 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1. Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2. lnforme sobre o cobro da cota anual obrigatoria dos anos 2013, 2014 e 2015 ás persoas morosas.

3. Monitorio cota anual obrigatoria do ano 2016 ás persoas morosas

4. Orzamento, cota anual obrigatoria do ano 2017 e perspectiva económica da cooperativa

6. Informe do plan de traballo para o ano 2017

7. Rogos e preguntas.

Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópanse a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea. En todo caso, as persoas socias que teñan indicado correo electrónico, recibirán a mesma por esa vía.

As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e adxuntando fotocopia lexible do D.N.l. da persoa representada.

NOVO AVISO - RECOLLIDA PEDIDO NOVEMBRO 2016

Novo aviso para todas as persoas socias que realizaron o pedido do mes de NOVEMBRO 2016:

Produtos que están no local social da cooperativa preparados para a súa recollida:

  • VENRES 11-11-2016:
    • Produtos frescos panadería
    • Os demáis produtos do pedido agás  Arqueixal, embutidos Atilano, conservas La Rosaleira e La Pureza
  • MÉRCORES 16-11-2016:
    • Arqueixal e embutidos Atilano
  • VENRES 18-11-2016:
    • Conservas La Rosaleira

Produtos que estamos a espera de recibir:

  • SEN DATA CONFIRMADA:
    • Conservas  La Pureza

A partir do mes de setembro comunicamos os avisos para a recollida de produtos soamente a través desta páxina web pois xa non se enviarán correos electrónicos.

Datas de recollida: venres 11-11-2016,  mércores 16-11-2016, venres 18-11-2016 e mércores 30-11-2016 no horario de apertura.

PRODUTOS PENDENTES - RECOLLIDA PEDIDO OUTUBRO 2016 (2)

Aviso importante para todas as persoas socias que realizaron o pedido do mes de OUTUBRO 2016:

  • MÉRCORES 16-11-2016:
    • Recibidos os productos pendentes do pedido de outubro (EMBUTIDOS) e podedes pasar a recollelos durante o horario de apertura do local social da cooperativa.

 Desde o mes de setembro comunicamos os avisos para a recollida de produtos soamente a través desta páxina web pois xa non se envían correos electrónicos.

AVISO IMPORTANTE - RECOLLIDA PEDIDO NOVEMBRO 2016

Aviso importante para todas as persoas socias que realizaron o pedido do mes de NOVEMBRO 2016:

Produtos que estarán no local social da cooperativa preparados para a súa recollida:

  • VENRES 11-11-2016:
    • Produtos frescos panadería
    • Os demáis produtos do pedido agás  Arqueixal, embutidos Atilano, conservas La Rosaleira e La Pureza

Produtos que estamos a espera de recibir:

  • MÉRCORES 16-11-2016:
    • Arqueixal e embutidos Atilano
  • SEN DATA CONFIRMADA:
    • Conservas La Rosaleira e La Pureza

A partir do mes de setembro comunicamos os avisos para a recollida de produtos soamente a través desta páxina web pois xa non se enviarán correos electrónicos.

Contactaremos vía telefónica coas persoas socias que solicitaron o pedido a domicilio para acordar  a data e  a hora de entrega.

Datas de recollida: venres 11-11-2016,  mércores 16-11-2016, venres 18-11-2016 e mércores 30-11-2016 no horario de apertura.

Información adicional