Actividades

OFERTA ACTIVIDADES DECEMBRO 2015 A MAIO 2016

Presentamos a oferta das novas actividades previstas para os meses de decembro 2015 a maio 2016. Esperamos que sexan do voso agrado e a súa realización dependerá da vosa acollida e compromiso. 

Inscrición:

Pode realizarse ata o día 18 de decembro de 2015 (novo prazo) por calquera dos seguintes medios, indicando o número de persoas:

• Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

• Teléfono: 881 249 638- 640 75 20 04

• Presencial no local social de Salgueiriños de Consumo na r/Xosé Chao Rego, 6 baixo.

 

CORO

Duración: de decembro a maio

Horario: a establecer polas persoas interesadas na actividade

Prezo: gratuito

Actividade dirixida a un amplio sector de socios: voces brancas ou de maiores. Aínda que se valoran coñecementos de solfeo ou algunha experiencia musical, estes requisitos non son indispensable para formar parte do coro sempre e cando se teñan condicións para cantar. O coro pode incorporar a socios que saiban tocar algún instrumento. Ogallá que non quede nun mero proxecto e se poda materializar!

 CORO

CLUB DE LECTURA

Duración: de decembro a maio

Horario: a establecer polas persoas interesadas na actividade.

Libros: a escoller polos membros do club

Prezo: gratuito

Un club de lectura é un grupo de persoas que leen ao mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa, pero unha vez ao mes ou cada quince días, nun día e a unha hora fixadas, se reúnen todos para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior ou o libro completo. Entre todos deciden qué tipo de literatura abordar así como a cadencia de reunions.

Los obxectivos son: a) potenciar o valor da lectura, b) ampliar o bagaxe cultural, c)compartir con outros, d) realizar actividades complemetarias a esas lectura, coa finalidade de facelas máis enriquecedoras e atractivas: encontros con autores, editores, visitas a exposicións, películas.

 CLUB DE LECTURA

Oferta de cursos e obradoiros 2015/2016

Presentámosche a oferta de cursos e obradoiros que desenvolveremos ao longo deste periodo lectivo.

Inscrición:
Pode realizarse ata o día 2 de outubro por calquera dos seguintes medios:

  • Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 881 249 638- 640 75 20 04
  • Presencial no local social de Salgueiriños de Consumo na r/Xosé Chao Rego, 6 baixo.

 

Obradoiro de calceta

Duración: 7 outubro ao 16 decembro 2015
Horario: Mércores de 17.30 a 19:30h
Prezo: Obradoiro completo 70 € para os socios e 85 € para non socios. O 1º día de curso efectuarase o pago á persona que o imparte.
Prazas: Mínimo 5 persoas para a realización do curso, máximo 10 persoas.
Material que deberá traer cada persoa: Fío e agullas de calceta.

 

Curso Patchwork e costura creativa

Duración: Outubro 2015 a maio 2016.
Horario: Xoves de 17 a 19h.
Data comezo 8 de outubro Prezo: Mensualidades de 25 € socios e 30 € non socios. O 1º día de curso efectuarase o pago do primeiro mes á persona que o imparte.
Prazas: Mínimo 5 persoas para a realización do curso, máximo 10 persoas.
Material que deberá traer cada persoa Fío, tesoira, agullas, dedal, alfinetes, regra,lapis, teas (isto último sería a acordar co grupo, xa que sae mais barato mercar en conxunto), opcional máquina de coser.

 

Curso iniciación ao Inglés

Duración: de outubro a decembro 2015
Horario: Sábados de 10 a 12h.
Datas:outubro,10,17,24; novembro:7,14,21,28; decembro,5,15.
Prezo: Curso completo 70 € para os socios e 85 € para non socios. O 1º día de curso efectuarase o pago á persona que o imparte
Prazas: Mínimo 5 persoas para a realización do curso, máximo 10 persoas.
Material que deberá traer cada persoa: libreta e bolígrafo.

 

Curso iniciación ao Italiano

Duración: de outubro a decembro 2015
Horario: Sábados de 10 a 12h.
Datas:outubro,10,17,24; novembro:7,14,21,28; decembro,5,15.
Prezo: Curso completo 70 € para os socios e 85 € para non socios. O 1º día de curso efectuarase o pago á persona que o imparte.
Prazas: Mínimo 5 persoas para a realización do curso, máximo 10 persoas.
Material que deberá traer cada persoa: libreta e bolígrafo.

 

Estamos a preparar unha serie de catas, charlas informativas e outras actividades, en canto teñamos pechado o calendario publicarémolas na páxina web.

POÑEMOS EN USO A TENDA WEB

O seguinte pedido de outubro será a través da nova tenda web.

Votación para o concurso de logo da Cooperativa

Tras a convocatoria de concurso de ideas para o logo da cooperativa temos estas dúas propostas

Logo 1Logo Salgueiriños 1

Logo Salgueiriños 2

Logo 2

Preme nas imaxes para velas máis grandes

Abrimos un prazo ate o 28 de febreiro para votar por calquera delas no enderezo que recibíchedes electrónicamente ou pasando polo local social para depositar o voso voto

Máis artigos

  1. Necesitas local?

Información adicional