Sen categoria
Ata novo aviso....
Feita xa a entrega dos flecos do pedido de marzo, queremos agradecervos a todos e todas a vosa paciencia e responsabilidade no cumprimento das medidas que arbitramos para facer as entregas.
Agora temos que esperar a que mellore a evolución da alerta sanitaria, e cando as circunstancias o permitan, retomaremos a actividade de pedidos (avisaríamos por web e por correo).
Mentres tanto, coidádevos moito, e coidade das persoas próximas. Procurade levar con paciencia o voso confinamento domiciliario.
Estamos seguros de que isto pasará, e que os vínculos de solidariedade que esta situación propiciou, farannos máis fortes no futuro, como persoas e como sociedade.
Ata logo
Entrega produtos pendentes o venres 20
Quedaron pendentes de entrega Clesa (que chega venres pola mañá, hoxe foilles imposible), Campo Capela (que fai ruta habitualmente o venres), e xa temos Rosaleira e Daveiga, que chegaron hoxe pola tarde.
Mañá xoves enviaremos un correo a todas as persoas que fixéchedes pedido co novo calendario de horas de recollida do voso pedido (a partir das 16:00 h, pero con menos tempos entre persoas) e cunha folla de excel cos produtos en estocaxe, por se fose do voso interese adquirilos.
Esa folla teredes que enviala ao correo da cooperativa, e atenderase por rigorosa orde de chegada, ata completar as existencias de cada produto estocado. O prazo para enviar rematará ás 13:30 h do venres. Aplicarase un desconto do 10% ao importe final do que finalmente lle toque a cada quen. A hora de recollida para as persoas que só piden produtos en estocaxe, avisarse por correo ou teléfono.
Novamente, como fixemos desta volta, anotaranse as compras e abonos e xa se liquidarían as contas correspondentes (a favor ou en contra) noutro momento futuro.
Calquera cambio do comentado antes que se produza por causas alleas a nós, será comunicado por esta web e o antes posible por correo/teléfono
Seguimos...
Pedido marzo 2020: produtos dispoñibles
Como xa anunciamos, NON teremos os produtos de Lino (Horta), Panadería de Noia e tampouco os de bebidas Moure (viños Marqués de Mundaíz, Alcorta Crianza e Terras do Cigarrón).
O resto dos produtos SI que estarían (con algunhas eivas puntuais)
Nesta páxina iremos informando do que xa imos tendo, que virán na súa maioría na mañá do mércores. Lembrade que a recollida do pedido se fará segundo o horario de entrega individualizado que remitimos por correo no día de onte.
Agora xa temos
17/03 La Pureza (agás a referencia de sardinillas, que quedaron sen ela)
18/03 Difersa
18/03 Xamóns Otero
18/03 Casa Grande de Xanceda
18/03 Estrella Galicia
18/03 Arqueixal
18/03 Feiraco (só pendente queixo arzúa-ulloa e loncheado)
18/03 Bacallau Ala Blanca
18/03 Bama
18/03 Café Candelas (serviron equivocada unha referencia, grao natural de 500g, que o venres contan de cambiar)
Importante: Rosaleira e Daveiga contan de facer entrega hoxe ao longo da tarde.
E estamos pendentes de Clesa (hoxe á tarde ou venres)
Se finalmente non puidesen vir hoxe eses pedidos pendentes, xa organizaríamos unha nova entrega, probablemente venres, que xa avisamos por correo ás persoas afectadas. En calquera caso, recomendamos pasar a recoller hoxe o que haxa tal e como estaba previsto.
Información actualizada ás 14:05 h