Sen categoria

A contorna


imagen12 1Salgueirños atópase na zona norte de Santiago de Compostela, moi preto da estrada que comunica a capital galega coa Coruña. É una zona de recente expansión urbana, na que estanse a construir vivendas e dotacións publicas que completan o entramado de crecemento de Santiago.

As novas vivendas acollen a xentes de moi distintos lugares. Uns naturáis de Santiago e que mudaron a súa zona de residencia, e outros procedentes de moitas localidades galegas e que chegaron á capital, hai anos,   da man, fundamentalmente, da expansión administrativa e o conseguinte desenvolvimento económico que supuxo a Autonomía para esta zona.

imagen14O enclave de Salgueiriños, na zona de Meixonfrío, vai tomando consistencia e vai agromando de xeito paseniño, ofrecendo os residentes cada vez máis posibilidades: dende a propia constitución dunha cooperativa de consumo, ata o achegamento de servizos que profesionais de moi diversa índole ofrecen nas rúas próximas ó cerne das vivendas onde residen os membros da cooperativa.

Dende esta zona de Santiago, ó pe dun dos últimos treitos do Camiño Francés, saúdos a todos aquelles que vos acheguedes a nós, ben sexa dende esta páxina Web, ou percorrendo as nosas rúas…

 

mapa

HORARIO APERTURA LOCAL EN NOVEMBRO

Este mes de novembro abriremos o local os tres seguintes días:

 

Mércores 15, de 18:30h a 20:30 h

Venres 17, de 16:00  17:30 h

Luns 20, de 16:00 h a 17:00 h

 

Neses días e horarios poderanse recoller os produtos do pedido de Novembro, e tamén haberá persoas do Consello Reitor para atención ás persoas socias que o desexen.

A partir do luns 13 iremos comentando cales son os produtos do pedido de novembro que xa se poden recoller nos días e horarios antes indicados.

 

Recollida de pedido outubro

O mércores 18 de outubro xa están dispoñibles para a súa recollida os seguintes produtos:

Arroces e legumes (La Salmantina)

Carne e embutidos (Francisco Otero)

Conservas vexetais e mermeladas (Conservas Marzo)

Conservas vexetais (A Rosaleira)

Pasta (pastas Cara Nonna e pastas Di Martino)

Galletas Mariñeiras (Da Veiga SLL)

Queixos e iogures (Arqueixal)

Cervexas e augas Cabreiroá (Estrella Galicia)

Viños e licores (Bebidas Moure)

Deterxentes (Solyeco)

Augas e refrescos (Mondariz)

 

Ler máis...

Información adicional