Volvemos á actividade

Ola a todos e todas

Retomamos a actividade de compra na Cooperativa, agora que xa empezamos a avanzar cara un escenario novo.

Ao que viña sendo habital, o calendario cambia nas datas de maneira puntual: faise pedido co mes xa iniciado e entrégase a principios do seguinte.

O calendario dos dous próximos pedidos será o seguinte:

PEDIDO

LANZAMENTO

PECHE

ENTREGA

HORARIO ENTREGA

Maio

08/05/2020

19/05/2020 ÁS 14:00 H

Mércores 03/06

Venres 05/06

18:00 H A 21:00 H

16:00 H A 17:00 H

Xuño

08/06/2020

16/06/2020 ÁS 14:00 H

Mércores 01/07

Venres 03/07

18:00 H A 21:00 H

16:00 H A 17:00 H

No primeiro pedido, o de Maio, entrará o aceite e mais os deterxentes ecolóxicos, así como o resto de referencias mensuais habituais. Nas referencias de Solyeco tamén se incorpora xel hidroalcólico.

Coa mesma, neste pedido teremos unha oferta de Paga 3 leva 1 de agasallo que nos formula neste pedido Estrella Galicia (e adiantamos ante o reaxuste de calendario), para as súas referencias de cervexas e augas (Cuevas e Cabreiroá). Lembrade que no pedido que fagades na tenda web só indicades as que vaiades pagar (despois na entrega xa damos as unidades de balde segundo a compra feita).

Para o seguinte, o de xuño, tocarían arroces e legumes e consevas La Pureza (xunto co resto das referencias mensuais habituais).

Para a entrega destes pedidos, como fixemos no pedido de marzo, faremos un sistema con cita previa para recoller a unha hora concreta (que poderemos ir axustando segundo as circunstancias de cada persoa socia), facéndoo da maneira máis segura posible.

Agardamos que todos e todas esteades ben de saúde

Información adicional