Ata novo aviso....

Feita xa a entrega dos flecos do pedido de marzo, queremos agradecervos a todos e todas a vosa paciencia e responsabilidade no cumprimento das medidas que arbitramos para facer as entregas.

Agora temos que esperar a que mellore a evolución da alerta sanitaria, e cando as circunstancias o permitan, retomaremos a actividade de pedidos (avisaríamos por  web e por correo).

Mentres tanto, coidádevos moito, e coidade das persoas próximas. Procurade levar con paciencia o voso confinamento domiciliario.

Estamos seguros de que isto pasará, e que os vínculos de solidariedade que esta situación propiciou, farannos máis fortes no futuro, como persoas e como sociedade.

Ata logo

Información adicional