Entrega produtos pendentes o venres 20

Quedaron pendentes de entrega Clesa (que chega venres pola mañá, hoxe foilles imposible), Campo Capela (que fai ruta habitualmente o venres), e xa temos Rosaleira e Daveiga, que chegaron hoxe pola tarde.

Mañá xoves enviaremos un correo a todas as persoas que fixéchedes pedido co novo calendario de horas de recollida do voso pedido (a partir das 16:00 h, pero con menos tempos entre persoas) e cunha folla de excel cos produtos en estocaxe, por se fose do voso interese adquirilos.

Esa folla teredes que enviala ao correo da cooperativa, e atenderase por rigorosa orde de chegada, ata completar as existencias de cada produto estocado. O prazo para enviar rematará ás 13:30 h do venres. Aplicarase un desconto do 10% ao importe final do que finalmente lle toque a cada quen. A hora de recollida para as persoas que só piden produtos en estocaxe, avisarse por correo ou teléfono.

Novamente, como fixemos desta volta, anotaranse as compras e abonos e xa se liquidarían as contas correspondentes (a favor ou en contra) noutro momento futuro.

Calquera cambio do comentado antes que se produza por causas alleas a nós, será comunicado por esta web e o antes posible por correo/teléfono

Seguimos...

 

Información adicional