Entrega pedido marzo

Vimos de enviar un correo coa a asignación do horario de entrega do pedido de marzo que se fará o mércores 18 a partir das 16:00 h no local da Cooperativa e, para aqueles que teñen produtos de Campo Capela, o venres 20

Está estruturado tendo en conta o perfil da compra e a dispoñibilidade de produtos a esas horas segundo as horas de entrega confirmadas hoxe cos provedores

O sistema de entrega está pensado para que non se produza acumulación de persoas no local e que a entrega non demore máis de 10 minutos por persoa. Previamente terase preparado o pedido de cada persoa para axilizar a entrega. Se se chega antes da hora (ou imos con demora na entrega), deberase esperar a  quenda, no exterior do local, e gardando as distancias de seguridade recomendadas.

Moi importante. Que veña unha soa persoa polo pedido,  sen nenos e nenas acompañantes

Se fose o caso, nin para os abonos nin as posibles compras que se precisase facer de produtos en stock (legumes, pasta, arroces, ...) se farán movementos de cartos (quedarán saldos a favor ou en contra anotados para xa regularizar no futuro).

Tampouco se fará a sinatura da recepción como é habitual (si a comprobación, pero sen asinar)

De todos os provedores, fallan os seguintes (non haberá produtos): Panadería de Noia, Patacas e hortalizas de Lino e Bebidas Moure. Tédeo conta para facer a compra alternativa noutros establecementos de proximidade

O resto serven os seus produtos sen problema

Agradecemos a vosa colaboración e paciencia para garantir as mellores condicións de entrega do pedido nas circunstancias actuais.

Finalmente iremos vendo como evoluciona esta crise sanitaria, e xa valoraremos desde o Consello Reitor a ideoneidade e posibilidades de lanzar o pedido de abril. Anunciaremos por correo e nesta web

Información adicional