Entrega pedido marzo
Vimos de enviar un correo coa a asignación do horario de entrega do pedido de marzo que se fará o mércores 18 a partir das 16:00 h no local da Cooperativa e, para aqueles que teñen produtos de Campo Capela, o venres 20
Está estruturado tendo en conta o perfil da compra e a dispoñibilidade de produtos a esas horas segundo as horas de entrega confirmadas hoxe cos provedores
O sistema de entrega está pensado para que non se produza acumulación de persoas no local e que a entrega non demore máis de 10 minutos por persoa. Previamente terase preparado o pedido de cada persoa para axilizar a entrega. Se se chega antes da hora (ou imos con demora na entrega), deberase esperar a quenda, no exterior do local, e gardando as distancias de seguridade recomendadas.
Moi importante. Que veña unha soa persoa polo pedido, sen nenos e nenas acompañantes
Se fose o caso, nin para os abonos nin as posibles compras que se precisase facer de produtos en stock (legumes, pasta, arroces, ...) se farán movementos de cartos (quedarán saldos a favor ou en contra anotados para xa regularizar no futuro).
Tampouco se fará a sinatura da recepción como é habitual (si a comprobación, pero sen asinar)
De todos os provedores, fallan os seguintes (non haberá produtos): Panadería de Noia, Patacas e hortalizas de Lino e Bebidas Moure. Tédeo conta para facer a compra alternativa noutros establecementos de proximidade
O resto serven os seus produtos sen problema
Agradecemos a vosa colaboración e paciencia para garantir as mellores condicións de entrega do pedido nas circunstancias actuais.
Finalmente iremos vendo como evoluciona esta crise sanitaria, e xa valoraremos desde o Consello Reitor a ideoneidade e posibilidades de lanzar o pedido de abril. Anunciaremos por correo e nesta web