Pedido mes de ABRIL

Eis as datas para o pedido do mes de ABRIL


 

INICIO

FIN

ABRIL

20 de MARZO (mércores)

26 de MARZO  ás 14:00 h (martes)

 


O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días mércores 10 de abril (de 18:00 h a 21:00 h) e o venres 12 de abril (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.

Alén dos produtos abertos para pedido na tenda web, na Cooperativa temos en estocaxe varias referencias de pasta, mermeladas, conservas vexetais, arroz e legumes.

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coas que conviva).

Información adicional