Pedido mes de DECEMBRO

Eis as datas para o pedido do mes de DECEMBRO

PEDIDO

 

INICIO

FIN

DECEMBRO

19 de novembro (luns))

27 de novembro 14:00h (martes)

O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días 12 de decembro (de 18:00 h a 21:00 h) e o 14 de decembro (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.

Os prazos deste último pedido do ano son algo temperás, pero facémolo para garantir que teñamos os pedidos en tempo no noso local (sobre todo o aceite, turróns e mantecados), e evitando tamén quedar sen marxes de días, á vista do calendario e de que facer as entregas 19 e 21 iría moi enriba das vacacións de Nadal.

Lembrarvos tamén que na Cooperativa temos en estocaxe varias referencias de pasta, arroz e legumes.

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coa que conviva).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

1.Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.

2.Preme sobre a cesta.

3.Cubrir o teu nome de usuario e crave.

4.Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.

5.Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido NOVEMBRO+ nome e apelidos da persoa socia.

6.Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu correo electrónico, o mesmo co correo da Cooperativa. Se non o recibes, comproba que teñas completado todo o proceso de compra na web.

Información adicional