Pedido do mes de XUÑO

Eis as datas para o pedido do mes de xuño

PEDIDO

 

INICIO

FIN

Maio

25 de maio ás 21:00h (venres)

4 de xuño ás 14:00h (luns)

 

O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días 20 de xuño  (de 18:00 h a 21:00 h) e o 22 de xuño (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.

Tede conta que nos meses de xullo e agosto non se farán pedidos, e retomaremos a actividade normal de compra da Cooperativa á volta do verán

OFERTA PEDIDO XUÑO

Atención, neste pedido, todas as referencias que comercializa Estrella Galicia (cervexas, sidra Maeloc e Auga Cuevas e Cabreiroá) teñen a promoción 2x1. Mercas dous e tes unha terceira unidade/pack totalmente de balde. Na tenda debes indicar unicamente as que mercas (non as que vas obter de agasallo)

Recordarvos que os produtos de panadería cambiaron o día de entrega para os mércores

Finalmente informar de que algúns proveedores manteñen unha política de "pedido mínimo" para servir os produtos. De non chegarse a el, pode que algúns produtos dos nosos pedidos individuais non se pidan. E do mesmo xeito, ás veces tamén se teñen pedido e finalmente non chegar. No momento da recollida procederemos a regularizar a situación (ben con abono directo do importe non servido, ben coa compensación total ou parcial con outros produtos en estocaxe)

 

AGASALLO POR VOLUME DE COMPRA


Temos algún produto en estocaxe na Cooperativa e pareceunos desde o Consello Reitor darlle unha pronta saída antes de que se lle achegue a data de cadudicade, e optamos por agasallar con eles a aquelas persoas socias en función do importe total do pedido de xuño, de maneira que a cousa quedaría así:

 Pedido de menos de 100€, 1 zumo

Pedido de máis de 100 € e menos de 250 €, 2 zumos

Pedido de máis de 250 € e menos de 500 €, 2 zumos + 1 mosto

Pedido de máis de 500 e, 2 zumos + 1 mosto+ 1 paté

 

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coa que conviva).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

1.Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.

2.Preme sobre a cesta.

3.Cubrir o teu nome de usuario e crave.

4.Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.

5.Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido XUÑO+ nome e apelidos da persoa socia.

6.Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu correo electrónico, o mesmo co correo da Cooperativa. Se non o recibes, comproba que teñas completado todo o proceso de compra na web.

7.No caso de recibir máis dun pedido por persoa socia, o sistema anulará todos os recibidos quedando sen pedido.

 

Un saúdo

Información adicional