PEDIDO DE MARZO

Eis as datas para o pedido do mes de marzo

 

PEDIDO

 

INICIO

FIN

Marzo

21 de febreiro ás 20:00h (mércores)

28 de febreiro ás 14:00h (mércores)

 

O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido de marzo serían os días 14 de marzo (de 18:00 h a 21:00 h), o 16 de marzo (de 16:00 h a 17:00 h) e o 19 de marzo (de 16:00 h a 17:00 h)

Nesta volta vaise producir algún cambio na loxística de entrega (por exemplo, os produtos de panadería cambian o día de entrega, que agora pasa a ser os mércores).

Neste pedido de marzo fomos introducindo novos produtos. Nos vindeiros pedidos iremos ampliando pouco a pouco a nosa oferta, intentando sempre ofrecer produtos cunha boa relación prezo/calidade.

Finalmente informar de que algúns proveedores manteñen unha política de "pedido mínimo" para servir os produtos. De non chegarse a el, pode que algúns produtos dos nosos pedidos individuais acaben sen servir.

 

 

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coa que conviva).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

  1. Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.

  2. Preme sobre a cesta.

  3. Cubrir o teu nome de usuario e crave.

  4. Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.

  5. Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido MARZO+ nome e apelidos da persoa socia.

  6. Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu correo electrónico, o mesmo co correo da Cooperativa.

  7. No caso de recibir máis dun pedido por persoa socia, o sistema anulará todos os recibidos quedando sen pedido.

 

Información adicional