PEDIDO XANEIRO/FEBREIRO 2018

 

Eis as datas para o pedido conxunto dos meses de xaneiro/febreiro

 

PEDIDO

INICIO

FIN

Xaneiro/febreiro

9 xaneiro  ás 21:00h (martes)

16 xaneiro ás 14:00h (martes)

O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido de xaneiro/febreiro serían os días 31 de xaneiro (de 18:30 h a 20:30 h), o 2 de febreiro(de 16:00 h a 17:00 h) e o 5  de febreiro de 16:00 h a 17:00 h

 

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non conviventes).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

  1. Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.
  2. Preme sobre a cesta.
  3. Cubrir o teu nome de usuario e crave.
  4. Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.
  5. Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido XANEIRO + nome e apelidos da persoa socia.
  6. Se tes algún importe a compensar de pedidos anteriores entón no concepto pon: Pedido XANEIRO COMP + nome a apelidos da persoa socia
  7. Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu mail, o mesmo co correo da Cooperativa.
  8. No caso de recibir máis dun pedido por persoa socia o sistema anulará todos os recibidos quedando sen pedido.

Finalmente informar de que algúns proveedores manteñen unha política de "pedido mínimo" para servir os produtos. De non chegarse a el, pode que algúns produtos dos nosos pedidos individuais acaben sen servir.

Información adicional