Asemblea Xeral Extraordinaria

Unha volta máis, convocamos Asemblea Xeral para o día 20 de decembro de 2017, ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda, na que trataremos o xa habitual punto do orzamento de 2018, co conseguinte establecemento da cota anual a pagar (a proposta é que sexa de 30 €). 

A diferencia doutros anos, este tamén temos un punto novo a tratar, que é o establecemento dunha nova achega obrigatoria a Capital Social (a proposta é que que sexan 40 € que se agregarían aos actuais 30 €). Iso permitirá corrixir a situación puntual na que actualmente nos atopamos, cun Capital Social total inferior a 3.000,00 €.

Quixera lembrar que ser socio ou socia da Cooperativa é un acto voluntario, que non estamos obrigados a estar de socios ou socias se realmente non facemos uso nin consumimos a través dela. Algunhas persoas teñen aínda a crenza de que ser persoa socia da cooperativa de Vivenda xera algún tipo de dereito económico sobre o actual patrimonio da cooperativa de Consumo. Nada máis errado e lonxe da realidade. O patrimonio da cooperativa de Consumo é propiedade única e exclusiva dela e das persoas socias que a compoñen e cumpren os seus estatutos sociais.

E de igual maneira, hai persoas socias da Cooperativa de Consumo que pensan que nunha hipotética liquidación, terían xerados algúns dereitos sobre os beneficios que puidesen existir. Novamente están erradas, dado que iso non se axusta nin aos Estatutos nin á Lei de Cooperativas: repártense beneficios en función da actividade cooperativizada, é dicir, do que se consuma a través da Cooperativa; e no proceso de liquidación, o “sobrante” despois de pagar débedas e devolver o capital social, vai á Xunta, non se reparte entre os socios e socias.

Lembrar tamén que os estatutos sociais establecen como obrigatorio o consumo anual mínimo de 30 €. Agardo que aquelas persoas que realmente non teñan intención de cumprir coas obrigas da pertenza á Cooperativa (noemadamente as de índole económica), que tramiten antes da celebración da Asemblea a súa solicitude de baixa, facendoa chegar á Cooperativa (correo postal, en man nos horarios de apertura de decembro dos días 13, 15 e 18 ou asinada e escaneada ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ). Evitaremos así desagradables situacións e ter que facer reclamacións no xulgado ou/e apertura de expedientes de expulsión.

Finalmente, rematada a Asemblea (aprox. ás 21:00h), celebraremos un encontro de Nadal, no que poder ter un espazo de convivencia relación entre as persoas que formamos a Cooperativa. Quen poida que traia algún petisco para compartir.

Información adicional