Recollida pedidos decembro

Xa temos dispoñibles para a súa recollida os seguintes produtos:

Aceite Sierra Cazorla

Augas Mondariz

Doces de nadal La Fortaleza

Conservas Rosaleira

Cervexas e bebidas Estrella Galicia

Se podedes, pasade canto antes para ir librando espazo no propio local.

Estamos abertos o mércores 13 de 18:30 a 20:00, o venres 15 de 16:00 a 17:30 e o luns de 16:00 a 17:00

 

Nesta mesa web iremos actualizando (indicado en negrita) os produtos xa dispoñibles segundo vaian chegando.

Xa temos tamén Arqueixal, embutidos e bebidas Moure (13/12/2017 ás 14:17 h)

Xa temos a maiores patacas e Xanceda (13/12/2017 ás 18:15)

Mañá venres tamén xa estará dispoñible para recoller Capela, Feiraco, Bama, Cavas e viños (Difersa). Confirmado: xa están dispoñibles (15/12/2017 ás 9:55 h)

(Na mañá do venres está concertada a entrega de empanadas e produtos de panadería, co cal, se non hai incidencias de última hora, tamén estará dispoñible para recoller o venres á tarde). Xa están tamén dispoñibles para recollida produtos de panadería (15/12/2017 ás 11:06 h)

Está tamén dispoñible desde hoxe venres Clesa (15/12/2017 ás 9:55 h)

O luns estará para recoller La Pureza. Temos xa as conservas de La Pureza Novamente estamos sen ventresca de atún (acumula o pedido de novembro e este). A aqueles socios e socias que o prefiran, abonarémoslle o importe cando veñan polo local.

O luns temos tamén previsión de recibir o bacallau. Confirmado, xa se pode recoller o luns o bacallau (16/12/2017 ás 16:27)

 

Información adicional