Aviso: entrega de produtos do pedido de Novembro (actualizado 17/11/2017)

Novos produtos xa dispoñibles:

Leite Feiraco

Queixos Bama

Campo Capela (actualización ás 11:36 h do 17/11/2017)

Conservas La Pureza (actualziación ás 13:10 h do 17/11/2017)

 ___________________________________________________________________________

Xa temos dispoñibles no local da Cooperativa para a súa recollida os seguintes produtos:

Iogures Clesa

Conservas Camping

Mariñeiras

Augas e refrescos

Cervexas

Na propia tarde de hoxe está previsto que chegue algunha mercancía máis.

 

Informar tamén que por non chegarse ao pedido mínimo neste pedido non hai produtos de panadería

Así mesmo, Conservas Camping só nos sirve dúas das referencias pedidas. Agora xa non traballan túnidos e algunha das outras referencias que viñamos comprando. Por iso, no pedido de decembro volveremos poñer as conservas de La Pureza para que poidamos mercar túnidos

 

A previsión é que o venres xa teñamos na Cooperativa todo o leite e queixos.

No luns xa seguro estaría Conservas la Pureza (agás ventrescas, que se servirían en Decembro, aínda non as enlataron)

 

Antes de lanzar o vindeiro pedido de decembro, informaremos a cada socio ou socias dos saldos que teña ao seu favor para descontalos do pago do pedido de decembro

 

Información adicional