PEDIDO DECEMBRO 2017

Aínda recén entregada a mercancía do pedido de Novembro, abrimos o pedido de Decembro, para ir axustando e que poidamos ter o pedido recollido antes das vacacións de Nadal.

Eis as datas para o pedido de  Decembro

PEDIDO

INICIO

FIN

DECEMBRO

21 de novembro  ás 21:00h (martes)

28 de novembro ás 14:00h (martes)

Alén dos produtos habituais de cada mes, neste pedido temos o aceite de oliva virxe extra e mais os produtos máis típicos das datas de Nadal (turróns, mantecados, cava, etc).

O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido de decembro serían os días 13 de decembro (de 18:30 h a 20:30 h), o 15 de decembro (de 16:00 h a 17:00 h) e o 18  de decembro de 16:00 h a 17:00 h

 

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non conviventes).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

  1. Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.
  2. Preme sobre a cesta.
  3. Cubrir o teu nome de usuario e crave.
  4. Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.
  5. Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido DECEMBRO + nome e apelidos da persoa socia.
  6. Se tes algún importe a compensar de pedidos anteriores entón no concepto pon: Pedido DECEMBRO COMP + nome a apelidos da persoa socia
  7. Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu mail, o mesmo co correo da Cooperativa.
  8. No caso de recibir máis dun pedido por persoa socia o sistema anulará todos os recibidos quedando sen pedido.

Finalmente informar de que algúns proveedores manteñen unha política de "pedido mínimo" para servir os produtos. De non chegarse a el, pode que algúns produtos dos nosos pedidos individuais acaben sen servir.

Información adicional