Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 14-06-2017

Estimado socio,

Estimada socia:

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 17 de maio de 2017, convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o 14 de xuño, mércores, ás 19.30h en primeira convocatoria e ás 20:00h en segunda convocatoria, no domicilio social sito na Rúa Xosé Chao Rego no 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2.- Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais e do Informe de Xestión correspondentes ó exercicio 2016.

3.- Cese do Consello Reitor actual.

4.- Elección do novo Consello Reitor ou de no ser o caso proposta de disolución e liquidación.

5.- Rogos e preguntas.

Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópanse a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea.

As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e adxuntando fotocopia lexible do D.N.l. da persoa representada.

Santiago de Compostela 17 de maio de 2017

Rosa Mª Bueno Crego

Presidenta de Salgueiriños de Consumo S. Coop. Galega

Información adicional