PEDIDO MARZO 2017

PEDIDO

INICIO

FIN

MARZO 

23  febreiro ás 16:30h(xoves)

27  febreiro ás 16:30h(luns)

Aviso importante: O pedido debe realizarse a partir das 16:30h do 23-02-2017 e non antes porque os produtos que incorporedes á vosa cesta antes desta hora e data non son capturados polo sistema informático da Tenda Web para o pedido global que se xenera para os proveedores.

Unha vez recibida a mercancía avisaremos a través desta páxina web para que pasedes a recollela no local social da cooperativa no horario de apertura.

O pedido farase a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non conviventes).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

  1. Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.
  2. Preme sobre a cesta.
  3. Cubrir o teu nome de usuario e crave.
  4. Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.
  5. Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido MARZO + nome e apelidos da persoa socia.
  6. Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu mail.
  7. Non tes que envíar copia do teu pedido ao mail da cooperativa xa que o sistema xa o envía automaticamente.
  8. No caso de recibir máis dun pedido por persoa socia o sistema anulará todos os recibidos quedando sen pedido.
  9. Terás que envíar un mail á cooperativa no caso de estar interesado en recibir o pedido na túa casa.

Entrega de pedidos a domicilio. No caso de estar interesado deberás notificalo no mail da cooperativa. Concertaremos o día e a hora da entrega e recibirás o pedido. Terás que aportar unha colaboración económica á persoa que che leve a merca (3 euros se o domicilio está no barrio do local social da cooperativa e 6 euros se está nos arredores de Santiago).

 

Información adicional