CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 01-12-2016

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 25 de outubro de 2016, convocar ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que se celebrará o 01 de decembro de 2016 , xoves, ás 20.00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio social sito na Rúa Xosé Chao Rego no 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1. Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2. lnforme sobre o cobro da cota anual obrigatoria dos anos 2013, 2014 e 2015 ás persoas morosas.

3. Monitorio cota anual obrigatoria do ano 2016 ás persoas morosas

4. Orzamento, cota anual obrigatoria do ano 2017 e perspectiva económica da cooperativa

6. Informe do plan de traballo para o ano 2017

7. Rogos e preguntas.

Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópanse a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea. En todo caso, as persoas socias que teñan indicado correo electrónico, recibirán a mesma por esa vía.

As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e adxuntando fotocopia lexible do D.N.l. da persoa representada.

Información adicional