REALIZACIÓN ACTIVIDADE CULTURAL "SEGURIDADE VIAL PARA ADULTOS"

O xoves 14-01-2016 realizamos no local social da cooperativa unha actividade cultural gratuíta consistente nunha charla-coloquio sobre a "Seguridade víal para adultos" a cargo da Policía Local de Santiago de Compostela.

Foi de grande interés para os asistentes porque os dous axentes da Policía Local explicaron cuestións e aclararon as dúbidas sobre a sinistralidade nas estradas, as infraccións e delitos máis habituais, as sancións e penas que se impoñen, circular en bicicleta, os sistemas de seguridade nos vehículos para os menores, etc.

O noso agradecemento á Policía Local de Santiago de Compostela. 

SegVial1 14-01-2016SegVial2 14-01-2016

   

Información adicional